23 de abril de 2015

EL ORDEN DE LAS COSAS

EL ORDEN DE LAS COSAS

Curtametraxe sobre a violencia de xénero.

Aquí está a ligazón á páxina da Asociación Enriqueta Otero, tamén coñecida como As Quetas.


16 de marzo de 2015

O día 23 de  febreiro de 2015  os alumnos de 1 BACHARELATO D asistimos a unha charla sobre a violencia de xénero na que, mediante a visión dunha curta e coa axuda dunha psicóloga chamada Amanda Díaz Pena, falamos sobre o tema.



No comezo da charla Amanda ensinounos a curta, na que se mostra a vida dunha muller chamada Julia que sofre maltrato do seu marido, chamado Marcos. Ao longo da súa vida apreciamos como, mentres que as situacións externas á muller cambian, a súa vida segue sendo igual de desgraciada.

Coa axuda da psicóloga apreciamos unha serie de signos fundamentais para a comprensión da curta:
  • O cinto: é a ferramenta que tiña o home para exercer control sobre a muller.
  • O xoguete roto: que indica como a inocencia do seu fillo, Marquios, se quebra cando descobre os malos tratos que sofre a súa nai. Marcos promete arranxalo pero nunca o fai, simboliza que o dano feito xamais se arranxa.
  • A xuventude perpetua da muller: que simboliza como co paso do tempo as situacións dos diversos membros da familia cambian pero a da muller non.
  • A bañeira: que era unha especie de refuxio no que a muller se escondía da realidade na que se vía envolta.
  • O anel: O compromiso entre ambos que a muller nunca aceptou

Despois da análise dos diversos símbolos debatimos sobre a situación que viven algunhas mulleres que sofren a violencia psicolóxica e física, e como algunhas asociacións sen ánimo de lucro se dedican a proporcionar axuda en situacións coma estas. A asociación Enriqueta Otero en Lugo da que Amanda forma parte é unha destas asociacións, ás integrantes desta asociación chámaselles “As quetas" e son tanto mulleres que sufriron esa mesma violencia como mulleres dedicadas á causa ainda sen sufrila.

Escrito por Mario Mato, John Pérez e Jose Méndez